Dedicado este ano a Roberto Vidal Bolaño, pouco temos que engadir que non se teña dito estes días. Home polifacético, deixou unha grande pegada no teatro galego que con el vai acadar éxitos insospeitados. Actor, director, escritor…as combinación das suas múltiples capacidades produciron unha obra que lóxicamente foi evolucinando ó longo do tempo, pero sempre con un marcado carácter social que fan que hoxe en dia sigan de plena actualidade. Recoñecer o seu traballo neste día, supón colocar o teatro no seu merecido lugar dentro da literatura galega, e é que por primeira vez o escritor elixido é un dramaturgo, e outras moitas cousas, pero básicamente un home que como el dixo, vivíu por e para o teatro. Deixámosvos a homenaxe que desde Torre Branca Produccións fixeron a Vidal Bolaño.…
Seguir leyendo…