Dedicado este ano a Roberto Vidal Bolaño, pouco temos que engadir que non se teña dito estes días. Home polifacético, deixou unha grande pegada no teatro galego que con el vai acadar éxitos insospeitados. Actor, director, escritor…as combinación das suas múltiples capacidades produciron unha obra que lóxicamente foi evolucinando ó longo do tempo, pero sempre con un marcado carácter social que fan que hoxe en dia sigan de plena actualidade. Recoñecer o seu traballo neste día, supón colocar o teatro no seu merecido lugar dentro da literatura galega, e é que por primeira vez o escritor elixido é un dramaturgo, e outras moitas cousas, pero básicamente un home que como el dixo, vivíu por e para o teatro.
Deixámosvos a homenaxe que desde Torre Branca Produccións fixeron a Vidal Bolaño.
E como non, unha lembranza, para ela, para Rosalia, sen a que non existiría este día. Claro, ela xa está a outro nivel, no dos mitos.. Non hai galeg@ que vaia consentir que alguén fale mal dela. Seguro tiña os seus defectos, coma todos, pero os que se podían lembrar deles xa están mortos. Roberto ainda non chegou a ese nivel, ben certo é que a morte sempre nos beatifica, pero non tanto. Pero chegará, cando todos os que o coñecimos teñamos desaparecido, acadará ese nivel no cal xa só a sua obra falará por el de xeito obxectivo.